Son Carmela, teño 25 anos e vivo en Rianxo. Actualmente estou preparando as oposicións de Educación Infantil. Estudiei o Grao de Educación Primaria (2015-2019) pero a miña vocación foi sempre a educación infantil, por eso me presento a esa especialidade.
En 2017 fixen o curso de Monitora de Ocio e Tempo Libre, polo que estou titulada pola Xunta de Galicia.
Grazas a esta titulación traballei durante todos os veráns nun campamento urbano do Concello de Rianxo, con grupos de nenos/as de entre 3 e 6 anos. E algúns outros traballos puntuais de coidado de nenos.
Son moi responsable, activa e traballadora. Encántame xogar cos nenos e realizar actividades creativas e dinámicas que fomenten a diversión dos nenos e estimulen o seu crecemento, habilidades e capacidades.
Como coidadora, busco un traballo parcial con certa flexibilidade, que me permita seguir estudiando como opositora. Podo ir levar ou buscar aos nenos ao colexio, ir ao parque polas tardes, cubrir algunha urxencia ou calquera outra actividade necesaria.
Garde partielle / périscolaire | 8,00 € de l’heure |
Pas de recommandations pour l’instant, bientôt la vôtre ?
Écrire une recommandation
Confiance
Tarifs
Garde partielle / périscolaire | 8,00 € de l’heure |