Chámome Gabriela. Estou no último ano de universidade estudando Historia da Arte. A miña intención para o ano que vén ao rematar a carreira é facer un mestrado e estudar Fotografía na Escola Mestre Mateo.
Teño 21 anos. Nacín en Ourense, mais instaleime en Santiago de Compostela ao vir estudar a carreira. Adoro aos nenos e teño moita paciencia con eles (ou iso é o que me adoitan dicir jaja). Teño experiencia coidando aos meus primos pequenos desde que naceron (de 3 e 7 anos actualmente).
Entre os meus hobbies está ler, viaxar, facer deporte, a música e a fotografía. Colaboro como fotógrafa desde hai 3 anos em dúas revistas, umha musical e outra de reportaxes sociais. Toco a frauta traveseira, fun 5 anos ao Conservatorio Profesional de Música de Ourense, e teño algo de nocións de batería/percusión.
Busco un traballo como niñeira pois adoro aos nenos e por ser mais doado de compaxinar cos meus estudos que outro tipo de traballos a xornada completa.
Non teria problema en xogar con eles, recollelos da escola, axudalos cos deberos ou o que fixera falta.
Para máis información, contactade comigo sen ningún compromiso!
Garde partielle / périscolaire | 7,80 € de l’heure |
Pas de recommandations pour l’instant, bientôt la vôtre ?
Écrire une recommandation
Confiance
Tarifs
Garde partielle / périscolaire | 7,80 € de l’heure |